Template:Appeal/Editor-Poongothai/gl: Difference between revisions
Seddon (WMF) (talk | contribs) Created page with "{{Template:2011FR/quote |Ensinei matemáticas durante 33 anos. Os meus alumnos mantíñanme nova e lembrábanme canto amo o meu país. |//upload.wikimedia.org/wikipedia/donate..." |
m Pcoombe moved page Template:2011FR/Appeal-poongothai/gl to Template:Appeal/Quote-Poongothai/gl |
||
(No difference)
|
Revision as of 14:18, 27 February 2019
Ensinei matemáticas durante 33 anos. Os meus alumnos mantíñanme nova e lembrábanme canto amo o meu país.
Cando me retirei, o meu fillo estaba preocupado por se eu quedaba oxidada. Así que me falou da Wikipedia. Explicoume que calquera persoa podía contribuír e ensinoume como facelo.
Dende aquela, creei artigos sobre funcións cuadráticas, probabilidade, táboas, gráficos e algunhas cousas máis. Levo feitas 7.000 edicións en total.
Escribo en lingua támil: o meu idioma favorito e a miña lingua nativa, falado por 85 millóns de persoas en todo o mundo. Tamén carguei máis de 6.000 ficheiros de son no Wiktionary, mostrando a pronuncia correcta de palabras comúns en támil. Agora, máis xente pode compartir esta fermosa lingua.
Como profesora e nai, sempre estaba ocupada. Pero agora que estou retirada e os meus fillos son maiores, o meu tempo é meu... as 24 horas do día! E paso tódolos días na Wikipedia.
Son voluntaria. Ninguén me paga. Pero editar a Wikipedia converteuse no traballo da miña vida. Aínda que non estou en clase, continúo facendo o que máis me gusta: axudar a unha nova xeración de estudantes a aprender na lingua que amo.
Todo o mundo ten algo que pode compartir. Por favor, fai unha doazón de 5, 20 ou 50 dólares estadounidenses para que a Wikipedia siga medrando.