Template:Appeal/Brandon/gl: Difference between revisions

From Donate
Jump to navigation Jump to search
imported>Toliño
mNo edit summary
 
m 1 revision
(No difference)

Revision as of 20:40, 2 November 2011


Teño a impresión de estar vivindo o que será a primeira liña do meu obituario.

Non creo que haxa nada máis que fixese na miña vida tan importante como o que fago agora na Wikipedia. Non estamos soamente construíndo unha enciclopedia, estamos traballando para facer que a xente sexa libre. Cando temos acceso a un coñecemento libre, somos mellores persoas. Entendemos que o mundo é máis grande ca nós, e contaxiámonos da tolerancia e a comprensión.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada no mundo. Eu traballo para a pequeña asociación sen fins de lucro que a mantén na rede. Non introducimos publicidade porque iso sacrificaría a nosa independencia. Este sitio non é, nin debería ser nunca, unha ferramenta de propaganda.

O noso traballo é posible grazas ás doazóns dos nosos lectores. Vas protexer a Wikipedia doando 5, 10, 20 dólares ou aquela cantidade que poidas?

Traballo na Fundación Wikimedia porque a miña conciencia dime que é o correcto. Traballei en grandes compañías de alta tecnoloxía, onde tiña o labor de elaborar algunha merda deseñada para roubar os cartos dun mozo que non se decata. Chegaba á casa derreado.

Poida que non saibas isto, pero a Fundación Wikimedia opera cun número moi reducido de persoal. O resto dos dez sitios web máis visitados posúen decenas de miles de empregados e orzamentos enormes. Pero producen unha fracción do que nós podemos facer con paus e arame.

Cando dás á Wikipedia, estás apoiando o coñecemento libre ao redor do mundo. Non só estás deixando un legado para os teus fillos e os fillos deles, estás mellorando a vida daquelas persoas que teñen acceso a este tesouro. Intentamos asegurarnos de que todos aqueles que hoxe non poden, algún día poidan acceder a el tamén.

Grazas,

Brandon Harris
Programador da Fundación Wikimedia