Template:Appeal/default/gl

From Donate
Revision as of 02:24, 9 December 2011 by imported>JhsBot (Bot: Replacing 450 mill. with 470 mill.)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Jump to navigation Jump to search

Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 13.000 empregados. Nós contamos con 679 servidores e 95 empregados.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 470 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

Se todas as persoas que len isto doasen 5 dólares, a recadación remataría hoxe. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera facer unha doazón de 5 dólares, 20 euros, 1000 iens ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia