Template:Appeal/default/gl

From Donate
Revision as of 13:45, 2 October 2015 by Pcoombe (talk | contribs) (update reader count)
Jump to navigation Jump to search

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 450 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

Se todas as persoas que len isto doasen $5, a recadación só duraría un día. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera facer unha doazón de $5, $20, $50 ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia