Template:Appeal/Adrianne/gl

From Donate
Jump to navigation Jump to search

De nena, tiña un pasatempo caro: os libros. Lía calquera libro que me mercaran os meus pais e despois pedía outro. Por iso decidiron protexer a súa conta bancaria. Mercáronme Jane Eyre.

Adrianne Wadewitz

Levoume unha eternidade rematar esa enorme novela, pero quedei namorada. En quinto curso, mandáronnos expoñer ós nosos compañeiros de clase algún tema da nosa escolla. Eu falei sobre a literatura do século XIX.

Hoxe, como posiblemente adiviñaches, son profesora de inglés. Tamén colaboro na Wikipedia, editando artigos sobre escritores como Mary Shelley, a autora de Frankenstein, e Jane Austen, que escribiu Orgullo e prexuízo.

Cando reflexiono sobre o meu traballo na Wikipedia, non só penso en min como alguén que engade información; penso en min como profesora. A través da Wikipedia, podo chegar máis aló que calquera aula. Soamente no mes pasado, o artigo da Wikipedia sobre Jane Austen recibiu máis de 115.000 visitas.

Na miña universidade teño acceso a moitos recursos de calidade. Pero a maioría da xente non pode acceder a estas fontes; cómpre pagar por elas. Ao editar a Wikipedia, axudo a remediar esta inxustiza.

Gústame aprender. Sempre me gustou. E por iso creo que todo iso debe estar dispoñible para todas as persoas.

Estás de acordo? Entón, únete a min e apoia a Wikipedia.