Template:Appeal/Editor-MikeCline/gl

From Donate
Jump to navigation Jump to search

Cando te metes no río para pescar peixes, estás preto da natureza. É unha válvula de escape. E un grande exercicio.

Mike Cline

Cando era neno, comecei a mercar libros sobre a pesca con mosca. Ata o momento, teño máis de 600 libros sobre o tema. Practiquei a pesca con mosca en moitos lugares ó redor do mundo. Algunhas persoas pensan que é algún tipo de deporte esotérico, pero a min encántame.

Despois de servir nas Forzas Aéreas dos EUA durante 28 anos (e viaxar por todo o mundo), retireime e mudeime para Montana, onde podo gozar da pesca con mosca e do sendeirismo todo o que quero. E cando non estou admirando estas marabillosas paisaxes, escribo sobre elas na Wikipedia.

Ninguén me paga por facer este traballo. Fágoo porque creo na misión da Wikipedia: levar a suma de todo o coñecemento humano a todas as persoas do planeta. Gratis.

A Wikipedia non ten fins lucrativos e penso que é a única maneira de facelo. Non hai accionistas ós que impresionar, non hai contas bancarias que encher. Así, a Wikipedia pode seguir coa súa misión e os seus principios. Por este motivo achego a miña pequena doazón tódolos anos.

Este ano, espero que te unas a min para doar.